Un lavalouzas causou un incendio nunha vivenda da Laracha

1 minutes read

Os bombeiros do parque comarcal de Carballo acudiron a un aviso pasado polo 112 Emerxencias Galicia por un incendio nunha vivenda da Laracha. O suceso tivo lugar no segundo piso dun edificio de catro alturas, na Avenida de Fisterra, número 123, pasadas as seis da tarde deste sábado. Unha vez no interior, os bombeiros localizaron o foco do lume nun lavalouzas e apagárono cun extintor de escuma. Os danos materiais centráronse no propio aparello e na madeira do moble que estaba máis próximo. O resto da cociña quedou danada polo fume. Cabe destacar que por fortuna non houbo persoas afectadas. Os bombeiros ventilaron tanto a zona das escaleiras como o propio piso, para o que empregaron un ventilador de presión positiva. Ao lugar tamén acudiron Protección Civil, Guardia Civil e a Policía Local da Laracha. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?