Un local de apostas de Arteixo multado 10 veces por falta de medidas anti-covid


A Garda Civil da Coruña e a Policía Local de Arteixo interpuxeron ata 10 denuncias a un mesmo local de apostas de Arteixo. Os feitos ocorreron durante unha inspección rutineira para comprobar o cumprimento da normativa sanitaria do coronavirus. As autoridades foron avisadas de posibles infraccións no mencionado local, polo que a Garda Civil organizou un dispositivo de inspección e control da casa de apostas, con efectivos de varias unidades pendentes de calquera ilegalidade. No transcurso da inspección, os axentes comprobaron que se incumprían diferentes protocolos: Lei de Seguridade Cidadá, Lei de Saúde de Galicia, Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas en Menores de Idade e Normativa Sanitaria Covid 19. Por todo iso, levantáronse 10 actas aos responsables do local.