A Consellería do Medio Rural informaba á última hora deste xoves dun incendio forestal no concello da Laracha, parroquia de Caión, que quedaba estabilizado ás 20.32 horas e totalmente extinguido ás 00:49 horas deste venres.
O lume iniciouse ás 16.07 horas deste xoves e segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 5 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.