38
Na tarde deste domingo produciuse un lume forestal nas proximidades de Sísamo, ao límite entre os concellos de Coristanco e Carballo. O lume avivado polo forte vento do noroeste reinante nese momento, converteuse en preocupante, polo que varias brigadas de Medio Rural e varios helicópteros de extinción, traballaron sen tregua para controlar a situación. A perfecta coordinación dos medios aéreos permitiu un avance e unha rapidez considerable á hora de minimizar o avance do lume.