Un lume forestal moviliza os equipos de emerxencia en Carballo


Sobre as 16:00 horas da tarde deste martes, varios particulares chamaron ao 112 Emerxencias Galicia e a Policía Local de Carballo, alertando dun lume forestal preto da estrada que comunica Carballo con Razo, a saída de Carballo. O lume en silvas, toxos e matorrais, co forte vento reinante do nordés avivouse con facilidade, polo que o 112 Emerxencias Galicia pasadas as 16:10 horas coordinou de inmediato o envío dos bombeiros do parque comarcal e dunha brigada forestal ao lugar, onde tamén se atopaba unha patrulla da Policía Local. Baixo a actuación dos equipos de emerxencia a situación quedou contolada.