Un lume forestal puxo en alerta aos servizos de emerxencia en Carballo

1 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia pasou unha alerta ás dúas da tarde deste luns por un incendio forestal que afectaba a unha zona de matorral preto da urbanización Riotorto, en Carballo. Ao lugar desprazáronse de inmediato os bombeiros da vila que unha vez no punto comprobaron que efectivamente había 1 foco nunha zona de abundante matorral, polo que se puxeron mans á obra para extinguilo e tamén regaron todo o perímetro do lume para evitar o seu reinicio, polo que no seu total empregaron 1.500 litros de auga. Por sorte non houbo persoas afectadas nin outros bens materiais. A superficie afectada estímase nuns 150 metros cadrados de vexetación. No operativo tamén participaron efectivos de Protección Civil da localidade.