Un lume nunha cociña dunha vivenda de Vilaño, A Laracha, pon en alerta aos bombeiros de Carballo

Arquivo.

O parque provincial de Carballo recibiu unha chamada de aviso na tarde deste mércores por unha alarma de incendio nunha vivenda situada no  lugar de Areosa, na parroquia de Vilaño, no Concello da Laracha.

Ao chegar ao punto, os bombeiros comprobaron que se trataba dun incendio xa extinguido no mecanismo da campá extractora da cociña. Segundo indicaron os propietarios, o lume foi apagado por eles mesmos empregando trapos. Non houbo danos persoais.

A intervención consistiu na comprobación de que o lume quedara completamente extinguido, sen ser precisa outra actuación por parte dos bombeiros. Completou o servizo a Garda Civil da Laracha. 

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar