Un lume nunha secadora activa o protocolo de emerxencia en Carballo

Foto.- G.M.

Os feitos ocorreron pasados uns minutos das dúas da tarde deste mércores, o 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma en comunicación directa cun particular que alertaba dun lume nun terceiro andar dunha vivenda na rúa Médico Manuel Regueiro en Carballo. Ao punto indicado desprazáronse os Bombeiros do Parque de Bértoa, que en cuestións de minutos deron o lume por localizado e a situación por controlada. Tratóuse, presuntamente, dun curtocircuíto nunha secadora, da que manaba abundante fume, ventilado o habitáculo e a vivenda, todo quedou nun susto. Ao lugar tamén acudiu en apoio unha dotación da Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha