Un lume provocou cuantiosos danos nunha vivenda en Cee

1 minutes read

Un lume producido nunha cociña provocou danos importantes no primeiro andar dun edificio ubicado na Avenida Fernando Blanco de Cee. Afortunadamente, non se tivo que lamentar máis que danos materiais a pesar da cantidade de fume que este produciu, quedando asi libres de danos tamen as persoas que se atopaban nos andares superiores do edificio. Grande foi a labor dos Bombeiros do Parque de Cee, que alertados polo 112 Emerxencias Galicia realizaron as tarefas de extinción e ventilación da vivenda, así como o apoio ao resto de veciños e veciñas do edificio afectado. Policía Local e Protección Civil de Cee tamén colaboraron neste suceso, que creou unha grande expectación na vila da Xunqueira.