Un mal resultado na ida condena o pase do Bergantiños CF

O Bergantiños non foi capaz de superar ao Villarubia este domingo en As Eiroas, polo menos coa marxe de goles suficiente para que saísen as contas tras o 2-0 encaixado no partido de ida o pasado día 9 en Villarubia de los Ojos en Ciudad Real no partido de ida da fase de ascenso a 2ª B.

Na volta houbo momentos onde os de Miguel Figueira foron claramente superiores e mesmo co marcador a favor case todo o encontro. Jorge Sáez abría a lata para os de Carballo no minuto 13 da primeira parte, Nando Copete empataba a contenda no minuto 21 e finalmente Cañi adiantaba ao Bergan no minuto 36, pero os locais seguían necesitando dous goles máis para facerse coa eliminatoria e iso non ocorreu.

Bo traballo, pero pouca sorte para o Bergantiños. Non puido ser, pero o soño segue vivo e será a tempada que vén.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha