Un maquinista morto e 41 pasaxeiros feridos tras a caída dun muro sobre un tren en Cataluña

Polo menos unha persoa morreu e 41 resultaron feridas en Cataluña tras caer un muro de contención sobre un tren de Rodalies da liña R4 entre Gelida e Sant Sadurní (Barcelona). Tras iso, os servizos de emerxencia mobilizaron un total de 38 dotacións de bombeiros e 20 de ambulancias para atender ás vítimas. Dos feridos, catro estaban en estado crítico, dous que viaxaban na cabina e outros dous no primeiro vagón. Segundo apuntaron fontes policiais, estableceuse unha zona de seguridade, os servizos de emerxencias apontoaron o muro de contención para poder traballar con seguridade e poder evacuar aos feridos. Na zona instalouse un centro de control para dar soporte a todas as emerxencias. Os feridos máis graves trasladáronse ao Hospital de Bellvitge e ao Hospital Moises Broggi (St Joan Despí) e os leves foron atendidos no hospital de campaña no lugar dos feitos.

Related posts

A homenaxe de Estado polas vítimas do accidente ferroviario de Adamuz será en Huelva o sábado 31

Comparecencia do ministro Puente rodeado do director de Tráfico de Adif e do de Operacións de Renfe

Adif limita temporalmente a velocidade a 160 km/h nun tramo do percorrido entre Madrid e Barcelona