Un matrimonio de Carballo e o seu fillo detidos por roubo na igrexa de Arteixo

A área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Arteixo, detivo a tres individuos como presuntos autores de tres delitos de roubo, un deles en grao de tentativa. Os feitos ocorreron os días 24 de xuño e 02 de xullo do ano en curso, na Igrexa parroquial de Santiago Apostol de Arteixo, onde autor ou autores descoñecidos accederon, mediante o uso da forza, ao mencionado edificio, roubando do interior 300 euros en metálico, provocando danos nas imaxes relixiosas por valor de 500 euros, causando gran alarma na comunidade.

Atribúeselles tamén a tentativa de roubo o día 02, nun vehículo estacionado nas proximidades do templo, no que tras a rotura do cristal dun portelo, accederon ao interior do mesmo coa intención de roubar dous bolsos que se atopaban nun dos asentos, desistindo ao percibir a presenza de viandantes na zona.

A Garda civil investigou os feitos, realizando as xestións e pescudas necesarias para a identificación do autor ou autores dos mesmos. Tras a investigación realizada obtívose a identificación plena dos mesmos, resultando ser un matrimonio veciños de Carballo e o fillo menor da esposa, procedendo á detención das tres persoas.

Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha