Un médico de familia de Sanxenxo da positivo por Covid

Control coronavirus.Cedida.

Un médico de familia dun centro de saúde do termo municipal de Sanxenxo obtivo resultado positivo por coronavirus Covid-19, polo que a área sanitaria adoptou os protocolos correspondentes.

Así o confirmaron fontes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que explicaron que o caso positivo dun médico de familia foi detectado no centro de saúde de Baltar.

As mesmas fontes explicaron que «xa se fixo a enquisa epidemiolóxica» e «identificáronse os contactos», ademais de ditarse «os illamentos e as corentenas precisas». Con respecto ao centro de saúde, a área sanitaria destacou que «se reforzou de forma inmediata a limpeza e desinfección».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha