Un mellorado Calvo Basket Xiria impúxose ao SD Betanzos


Partido de Liga EBA marcado pola sensibilización contra a violencia de xénero, o celebrado na tarde deste pasado sábado no pavillón Vila de Noia en Carballo. O Calvo Basket Xiria medíase esta xornada contra o Santo Domingo Betanzos. O encontro comezou moi igualado (17-18) o primeiro cuarto, o equipo local levaba a iniciativa e o segundo cuarto tamén o dominou no marcador (19-16). A partir de aí o equipo visitante veu arriba e levou o terceiro por un contundente (14-20), pero máis contundente aínda foi o final do partido, onde o Calvo Xiria venceu con claridade cun parcial de 28-19, e que lle daría a vitoria no encontro por unha marxe de 5 puntos (78-73).