Un menor cun requirimento pendente fuxiu á carreira da Policía Nacional en Carballo

Policía Nacional

Un mozo menor de idade residente na Coruña e cun requirimento pendente protagonizou unha fuga á carreira a última hora da mañá deste martes en Carballo. O mozo presentouse acompañado da súa proxenitora nas dependencias que ten a Policía Nacional no Concello carballés para a realización de trámites administrativos, coa intención de renovar o seu DNI. Tras a comprobación dos datos do menor un axente decatouse que sobre el pendía unha orde de procura, momento no que o mozo se botou portas fóra á carreira pola rúa Cervantes e posteriormente pola Gran Vía. Acto seguido un axente da propia Policía Nacional e tamén axentes da Policía Local saíron á súa captura, logrando o axente estatal detelo á fuga na rúa Gran Vía, terminando aí a súa pericia.