Un incendio no cuarto de baño dunha vivenda na Rúa de Eloy Rodríguez Barrios, no concello ourensán do Barco de Valdeorras, finalizou cun menor de idade trasladado – por precaución – a un centro sanitario. O lume calcinou algunhas toallas almacenadas na habitación e veciños do edificio trataron de sufocar as lapas cun extintor.
Segundo a información facilitada ao 112 polas testemuñas do incidente, o menor atopábase só na vivenda cando se produciu o incendio.
Unha vez no punto, os servizos de extinción procederon a ventilar o inmoble. Tras finalizar a operación e realizar as comprobacións necesarias, os equipos de intervención que acudiron ao momento solicitaron aos xestores do 112 Galicia a mobilización dun equipo sanitario, por precaución, para atender ao menor.
39