Un adolescente resultou ferido de consideración este martes despois de ser atropelado por un camión nun paso de peóns, á altura do edificio do conservatorio da localidade pontevedresa de Redondela.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos antes das 19:00h.
De contado, os xestores de emerxencias pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido a gravidade do suceso, mobilizaron unha ambulancia medicalizada ao lugar. Ademais, informaron aos axentes de Tráfico, da Policía Nacional e Local, que de contado se desprazaron tamén ata o punto.