Un menor resulta ferido en Ribadeo tras ser atropelado polo tren turístico

1 minutes read

Dous nenos que circulaban coas súas bicicletas á altura de Faro de Pancha, en Ribadeo, foron alcanzados polo tren turístico e, un deles, resultou ferido.

Foi un particular quen chamou a Emerxencias para informar do atropelo e, a partir de aí, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tamén, os xestores de emerxencias solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros, posto que, segundo o alertante, o menor podía estar atrapado. Sen embargo, no transcurso da chamada, confirmouse que o menor estaba totalmente liberado e accesible.

Unha vez no punto, os axentes da Policía Local confirmaron ao 112 Galicia o traslado do menor, polos servizos sanitarios, ao centro hospitalario de referencia.