Un menor resultou ferido nun atropelo en Carballo

0 minutes read

Un mozo, menor de idade, resultou ferido ao ser atropelado por un vehículo en Carballo. Segundo informou Emerxencias, o accidente produciuse este venres á noite na travesía da Avenida Finisterre da localidade. O aviso chegou ao 112 Galicia ás 22.30 horas mediante a chamada de alerta dunha persoa particular, e, tras avisar aos profesionais sanitarios e aos axentes da Policía Local, o neno foi evacuado ao Hospital Materno Infantil da Coruña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?