21
Unha muller faleceu ao caerlle unha árbore enriba nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario. Outras catro persoas quedaron feridas. No lugar estábase celebrando un concerto, organizado polo Concello, que se aprazara hai uns días por mor da previsión meteorolóxica desfavorable. Segundo informa o 112, no operativo participaron axentes da Garda Civil, bombeiros do Porriño e Ponteareas e persoal sanitario.
