Un morto e cinco desaparecidos, balance provisional do temporal en Cataluña

@mossos

  • Entre os desaparecidos en Tarragona están una nai e o seu fillo

O temporal que está mantén en alerta a varias comunidades autónomas, deixou un morto e cinco desaparecidos en Cataluña.

A primeira vítima trátase dun home duns 75 anos, segundo confirmaron os Mossos a través de Twitter. O cadáver foi atopado durante a mañá deste mércores preto de Arenys de Mar, despois de que os equipos de emerxencias o estiveran buscando durante toda a noite.

O desbordamento do río Francolí en Vilaverd, arrastrou pola noite un bungaló con dúas persoas dentro, unha muller de 70 anos e un dos seus fillos. Outras catro persoas que estaban no interior conseguiron saír a tempo.

Ademais, outras dúas persoas se atopan en paradoiro descoñecido xa que a tormenta os sorprendeu mentres estaban dentro dun coche, na localidade de L’Espluga de Francolí.

Outra muller, de nacionalidade belga, está sendo buscada polos servizos de emerxencias, segundo confirmaron os Mossos en Twitter.

A tormenta deixou tamén feridas leves a tres persoas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha