Un morto e dous feridos graves nun choque frontal na AP-9 en Vigo

0 minutes read

Unha muller de 75 anos morreu e outras dúas quedaron feridas graves nun accidente frontal ocorrido na mañá deste mércores entre dous vehículos nun treito da autoestrada a AP-9. Un dos turismos, segundo fontes da Garda Civil, circulaba en sentido contrario. O accidente produciuse á altura de Puxeiros ás 10:04 horas no quilómetro 159, en sentido Tui. Nun dos coches viaxaba só a ocupante falecida. No outro viaxaban dúas persoas que segundo a Garda Civil tiveron que ser liberadas. Como consecuencia da colisión estivo cortado un carril da autoestrada.