- O incidente produciuse pasada a medianoite deste mércores na rotonda de acceso á vila
Unha persoa morreu e outras tres resultaron feridas de consideración nun accidente de tráfico na Illa de Arousa, concretamente na rotonda de acceso á vila, na PO307.
O 112 Galicia tivo coñecemento da colisión pasada a medianoite deste mércores grazas á chamada dun particular, polo que inmediatamente se puxo en marcha un operativo no que participaron os profesionais sanitarios, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Cambados.