Tal e como informou Salvamento Marítimo, o accidente ocorreu pouco antes das tres da tarde cando unha embarcación de recreo envorcou na Estaca de Bares. Estaba a só 50 metros da costa e un dos ocupantes puido pedir axuda. Foron movilizados o helicóptero Pesca II e a lancha Salvamar Shaula. A súa chegada atoparon a un varón sobre a quilla que foi rescatado polo pesqueiro Siempre Cicles e trasladado a O Barqueiro. O segundo tripulante rescatado polo helicóptero Pesca II foi llevado a Burela inconsciente. Salvamar Shaula procedeu a remolcar a embarcación sinistrada.