Un morto e un ferido grave tras estrelarse un hidroavión portugués en Lobios

1 minutes read

Un hidroavión estrelouse este sábado mentres colaboraba nos traballos de extinción do lume declarado no parque natural transfronteirizo de Geres-Xurés. O lume que comezou a pasada madrugada afecta ao concello galego de Lobios e ao portugués de Lindoso, onde se esnafrou o avión nunha zona montañosa. Un dos tripulantes do hidroavión perdeu a vida e o outro, tivo que ser evacuado a bordo do helicóptero de rescate de Salvamento Marítimo, segundo avanza o 112. Segundo precisaron fontes da Delegación do Goberno en Galicia, trátase dunha aeronave CL-2015 da empresa civil Babcock, con sede en Matacán, Salamanca, á que o goberno de Portugal ten alugados tres avións. O CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos servizos sanitarios, do GES de Lobios, Salvamento Aéreo e Rescate, así como da Garda Civil.