Tráxico accidente na estrada LU-633, que vai desde Portomarín ata o Alto do Hospital. Segundo informa o 112, un camión que transportaba explosivos Goma-2 para as obras da A-54 saíu da vía nunha ponte sobre un regato cando se ía incorporar á N-550. Un grupo especializado de axentes da Garda Civil traballou, nun perímetro de seguridade, no tratamento e recollida da carga explosiva. No accidente o conductor saíu despedido e está ferido de gravidade e o acompañante quedou atrapado na cabina do camión e faleceu, tendo que ser liberado. Ata o lugar do accidente desprazouse o 061, os bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso, a Garda Civil e Protección Civil.