Un morto e varios desaparecidos tras a colisión de dous cargueiros no Mar do Norte

Varias persoas constan como desaparecidas tras a colisión de dous cargueiros, un deles con destino ao porto da Coruña, co probable afundimento dun dos barcos na Baía Alemá, ao sueste do mar do Norte, entre as illas de Helgoland e Langeoog, segundo informan os servizos de emerxencias.

A colisión dos cargueiros Polesie e Verity produciuse cara ás 05:00 horas a unhas 12 millas náuticas (22 quilómetros) ao suroeste da illa de Helgoland e a 17 millas náuticas (31 quilómetros) ao nordés da illa de Langeoog, como precisa o comunicado.

Unha persoa foi rescatada da auga e está a recibir atención médica, mentres continúa a procura de varias persoas desaparecidas, segundo sinalou o Manco Central, que parte da base de que o Verity se afundiu como consecuencia da colisión, mentres o Polesie, con 22 persoas a bordo, mantense na superficie.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha