Un morto facendo descenso vertical en Monte Louro

A primeira hora da tarde deste domingo tívose coñecemento de que unha persoa que estaba facendo ‘rápel’, descenso por superficies verticais, sufriu un accidente resultando morto.

Os servizos de urxencia alertaron os bombeiros de Cee, que se trasladaron ao lugar, onde tamén se agardaba a chegada do helicópetero Pesca I para rescatar o falecido.

Este tipo de deportes conlevan risco e o Monte Louro, en Muros, onde se produciu o incidente é un dos lugares escollidos por moitos dos amantes da natureza para facer esta arriscada actividade. 

As autoridades apelan a responsabilidade, para que este tipo de sucesos nón acontezan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha