A violenta colisión frontal entre dous turismos de madrugada na estrada PO-308 o seu paso por Portonovo á altura do campin da praia de Paxariñas deixa un mozo de 24 anos morto e dúas ocupantes do outro turismo implicado feridas leves. O rapaz era veciño de Vilagarcía da Arousa. Os servizos de emerxencia precisaron liberar á vítima que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía, como consecuencia do forte impacto. O Volkswagen Polo quedou envorcado na beiravía.
O accidente sucedeu pouco despois das dúas e media da madrugada, coa visibilidade reducida pola néboa. Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia medicalizada, axentes da Garda Civíl, da Policia Local, Bombeiros de Ribadumia e os servizos de emerxencias de Sanxenxo. Os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida o mozo falecido.