Un motorista de 25 anos faleceu e outro resultou ferido tras caer do seu vehículo en Cerdedo-Cotobade

1 minutes read

O accidente rexistrouse na PO-235, en Augasantas, Cerdedo-Cotobade.

Pasadas as cinco da tarde deste sábado, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular, que informaba dun accidente grave cunha moto implicada. A bordo, ían dúas persoas, que caeron co seu vehículo. Como consecuencia do impacto, unha delas, de 25 anos, faleceu e a outra resultou ferida.

Pola súa parte, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou un equipo no helicóptero medicalizado con base en Santiago, que nada puido facer por salvar a vida dun dos ocupantes da moto. Sen embargo, si realizou o traslado da outra persoa ferida.

Ademais de sanitarios, ao lugar dos feitos, chegaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.