Un motorista é trasladado ao hospital tras sufrir unha caída na area en Muxía

112 Emerxencias

Ás 9:45 horas deste luns, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que alertaba da caída dun motorista na praia dos Muíños, en Muxía. Aínda que estaba consciente, o accidentado necesitaba da asistencia dos servizos sanitarios, pois resultara ferido ao golpearse coa area tras caer da moto.

Foi entón cando, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, se informou do acontecido aos equipos de emerxencias. O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazouse a bordo dunha ambulancia ata a area muxiá, onde ofreceron atención médica ao ferido. Finalmente, dende a Policía Local de Muxía comunicaron que o paciente foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Ademais, voluntarios de Protección Civil da localidade achegáronse ata o lugar para colaborar no operativo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha