Un motorista faleceu tras sufrir unha caída cando circulaba pola A-55 ao seu paso por Mos

O accidente produciuse preto das dez da noite deste pasado luns na curva dos Molinos por causas que se descoñecen.

Un home de 70 anos caeu da motocicleta e bateu contra a medianeira do lado esquerdo da calzada. Cando avisaron aos servizos de emerxencia e acudiron ao punto do accidente, a vítima xa estaba sendo atendida por unha ambulancia asistencial que pasaba polo lugar e por un técnico fóra de servizo. Intentaron reanimalo, sen éxito, chegou a medicalizada e seguiron tratando de reanimalo, pero xa nada puideron facer por salvalo. As lesións que presentaba debido ao impacto non revestían moita gravidade, así que non se desbota que o falecemento puidera ter unha causa natural. Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias do 061, do Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Mos e da Garda Civil de Tráfico. Tentaron reanimalo durante uns 40 minutos.

Related posts

Medio Rural aposta pola formación e a innovación no cultivo de grelo en Galicia

Morre un home e unha muller resulta ferida grave en Cuntis nun accidente de tráfico contra un camión

AFAGA Alzheimer desenvolverá unha plataforma dixital para apoiar a familias coidadoras de persoas con demencia