46
En Nigrán, un home perdeu a vida ao caer da motocicleta que conducía no punto quilométrico cinco da estrada PO-332, á altura da parroquia de Parada. Tras recibir o aviso, o 112 Galicia mobilizou o GES do Val Miñor, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o 061. Malia os esforzos, o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida.