Un motorista perdeu a vida tras sufrir unha caída en Tui

0 minutes read
Moto accidentada_Archivo.

Un motorista faleceu tras caer da moto que conducía pola PO-340, ao seu paso pola parroquia de Malvas, no municipio pontevedrés de Tui.   

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, un particular alertou ao 112 do accidente e, tras iso, tamén os servizos sanitarios confirmaban o accidente e indicaban que o home estaba inconsciente. Ante iso, o persoal do 112 comunicou os feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Baixo Miño, así como á Policía Local e a Protección Civil de Tui.   

Xa no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento do motorista.