0
O accidente ocorreu arredor das 11:15 horas deste martes, na Avenida Castilla. Segundo indicaron varios particulares ao 112 Galicia, unha moto e un coche colidiran, de maneira que o motorista quedara debaixo do turismo. Ademais, dicían que podía estar atrapado.
Decontado, puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín e da Garda Civil de Tráfico.
Logo de acudir ata o punto, os servizos de emerxencias confirmaron que a vítima non estaba atrapada, aínda que nada se puido facer por evitar o seu falecemento.