37
- Debido á gravidade da situación, a vítima tivo que ser evacuada ao hospital de referencia nun helicóptero medicalizado
Un choque entre unha moto e un coche deixou unha persoa ferida de consideración no concello coruñés de Noia, concretamente na Rúa de Galicia. O accidente produciuse ás 15:15 horas deste pasado venres e foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia.
Debido á gravidade da situación, foi necesaria a axuda dun helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou a vítima ao centro hospitalario de referencia.
No operativo interviñeron os servizos de emerxencias, axentes da Policía Local e membros de Protección Civil da localidade.