Un motorista sofre lesións graves a causa dunha caída en Lalín

1 minutes read

O sinistro produciuse na parroquia lalinense de Vilanova. Foi unha persoa particular quen deu o primeiro aviso a través da súa chamada ao 112 Galicia. Grazas a esta comunicación, activáronse os protocolos necesarios para a atención do ferido, como a mobilización dos recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Lalín e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ao remate das súas intervencións, os efectivos de emerxencias informaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que o condutor da moto foi evacuado en estado grave a un centro hospitalario. Cómpre indicar que tamén se trasladaron os datos do accidente aos Bombeiros do Deza, mais a persoa estaba perfectamente liberada e accesible.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?