Un mozo carballés detido dúas veces en 48 horas por violencia de xénero

1 minutes read

Un mozo de Carballo, de pouco máis de 20 anos, foi detido por malos tratos dúas veces en menos de 48 horas. Primeiro agrediu a súa parella, de idade similar a súa, en Fisterra. A moza fora ata ese concello a pasar o día na praia e decidiu quedar pasar a noite.

De madrugada presentouse alí o rapaz e comezou a golpeala. Tras a denuncia presentada pola vítima ante a Garda Civil, ao presunto agresor impúxoselle unha orde de afastamento e a prohibición de se comunicar coa rapaza, cousa que non tardou en incumprir.

Por este motivo foi detido e levado ao xulgado por segunda vez. Mentres non se celebre o xuízo, deberá levar unha pulseira que indique por GPS a súa posición.