O 112 Galicia rexistrou esta pasada madrugada un accidente de tráfico en Carballo cunha vítima mortal, Borja C.V., un veciño de Cores – Ponteceso de 19 anos que viaxaba só. O vehículo que saíuse da vía cando circulaba pola AC-552 en dirección a Carballo, ao seu paso polo lugar da Revolta.
Un usuario da vía daba a voz de alarma de que un poste repleto de cables ocupaba un carril da estrada, tras a chegada ao lugar dunha patrulla da Policía Local non só se atoparon co poste tirado, senón que tamén co vehículo sinistrado nun pequeno terraplén e o condutor atrapado no seu interior.
Para liberar a vítima foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo, que, ademais, contaron coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.
En canto a seguridade vial e a ordenación do tráfico, o operativo contou coa presenza dos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, ao tempo que o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) encargouse da retirada dos danos provocados polo accidente. De feito, como consecuencia do impacto, resultou afectado un poste de telefonía, polo que tamén foi necesario o aviso aos técnicos da empresa subministradora do servizo.
Cómpre indicar que a posta en marcha deste operativo foi posible grazas ás chamadas de alerta de varias testemuñas, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do condutor.
Segundo os datos que facilitaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia á unha da madrugada, o vehículo no que viaxaba a vítima saíuse da vía e foi parar a unha leira levando por diante un poste de teléfono.
