viernes, 29 mayo , 2026

Un mozo de 23 anos perde a vida tras darse un chapuzón no encoro de Castrelo de Miño

1 minutes read

Ás 08:30 horas da mañá deste domingo, a Garda Civil comunicou ao 112 Galicia que, os buzos, localizaran o corpo do mozo que se buscaba desde a madrugada, tras perdelo de vista cando se meteu á auga no encoro, en Castrelo de Miño (Ourense).

Todo sucedeu, ao fío das 2:00 horas, foi a esa hora cando a parella do desaparecido contactou co 112 Galicia para pedir axuda. 

Ademais dos medios sanitarios, formaron parte deste operativo que coordinou a Garda Civil, os Bombeiros de Carballiño, os membros do GES de Ribadavia e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Un equipo do grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), desprazouse ao punto para prestar axuda á parella e aos compañeiros que se atopaban co mozo, no momento da desaparición.