Un mozo falecido e outro moi grave nun accidente de tráfico en Caldas


Operarios que estaban traballando nun polígono próximo foron os que deron aviso aos servizos de emerxencias de madrugada. O coche no que viaxaban os dous mozos derrapou pola estrada varias ducias de metros, saíu da vía e acabou impactando lateralmente co peche dunha empresa láctea. O acompañante faleceu practicamente no acto, mentres que o condutor foi trasladado en estado moi grave ao hospital de Montecelo. A Garda Civil de Tráfico investiga se o vehículo circulaba a unha velocidade inadecuada, xa que a estrada estaba totalmente mollada. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os dous ocupantes do coche tiveron que ser excarcerados polos Bombeiros do Salnés, ao quedar atrapados no interior do turismo. Ao puto acudiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Local, os Bombeiros do Salnés, a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis e o servizo de mantemento da estrada.