Un mozo ingresa en coma tras tomar alcol e medicamentos en Vigo

A Policía Nacional localizou a tempo doce mozos, once deles menores de idade, que de madrugada ingresaron no hospital tras mesturar con alcol diferentes cantidades de opiáceos, vasodilatadores e anticoagulantes que atoparon nunha rúa de Vigo.

Segundo informou este luns, a policía recibiu unha chamada ás 3:00 de madrugada do servizo de urxencias informando de que un menor ingresara en coma pola inxesta de medicamentos atopados na vía pública.

Segundo relatou o persoal da ambulancia, asistiran e salvaran por pouco un menor que se atopaba tirado na avenida da Florida cunha parada cardiorrespiratoria, ao parecer provocada polo consumo de opiáceos e antidepresivos, a vida do menor foi salvada por unha escasa marxe de tempo.   

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha