Ocorreu contra as 5 da mañá deste sábado na praza maior durante unha liorta entre dúas persoas. Efectivos de urxencias tentaron reanimar a vítima durante máis dunha hora pero só puideron certificar a súa morte.
O concello emitiu un comunicado de pesar aprobado por toda a corporación.
As sospeitas da Garda Civil recaen sobre unha persoa que coincide coa descrición achegada por varias testemuñas.
O presunto agresor xa foi detido na tarde deste sábado.