Un mozo perde a vida ao caerlle enriba unha árbore en Brión

Arquivo.

Un mozo faleceu este xoves en Brión logo de que lle caese enriba unha árbore, nas proximidades da estrada que une esta localidade con Feiraco, concretamente na parroquia de Ons.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta da situación do mozo e, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata a zona para atender ao varón accidentado.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Brión, da Policía Local e Protección Civil de Ames e da Garda Civil.

Xa no lugar dos feitos, os servizos sanitarios, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao mozo.