Un mozo resulta ferido tras precipitarse por un barranco en Santiago

Emergencias 112
  • O incidente produciuse na pista da Cruxeira sobre as 02:30 da madrugada deste sábado

Un mozo resultou ferido despois de envorcar co seu turismo ao precipitarse por un terraplén duns 15 metros na pista da Cruxeira, moi preto do Eroski de Montouto, en Santiago de Compostela.

O accidente produciuse sobre as 02:30 horas da madrugada deste sábado e os servizos de emerxencia acudiron ata o lugar despois de que un particular alertara do suceso ao 112 Galicia.

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Santiago, que aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración, si foi precisa a súa intervención para sacar á persoa do interior do vehículo.

Finalmente a vítima foi trasladada nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia.