Un mozo resultou ferido de consideración tras ser atropelado na rúa Estrela en Carballo

1 minutes read

Un mozo resultou ferido tras ser atropelado por un turismo na zona de movida situada na carballesa rúa Estrela. O suceso produciuse sobre as dúas da madrugada deste venres á altura do número 16. A esa hora varias testemuñas deron a voz de alarma ao 112 Emerxencias Galicia, que se encargou de coordinar o envío de auxilio á zona. Os primeiros en chegar foron unha patrulla da Policía Local, acto seguido tamén compareceu no punto unha ambulancia asistencial, cuxo persoal lle prestou os primeiros auxilios ao ferido, que presentaba un forte golpe na cabeza, polo que foi trasladado de urxencia ao hospital. Unha patrulla da Garda Civil completou o operativo no lugar, sobre o cal se investigan as causas que o motivaron, sen descartar ningunha hipótese.