Un museo dixital acollerá as obras galardoadas no certame Xuventude Crea

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou durante a entrega dos premios Xuventude Crea a creación dun museo dixital onde se exporán as obras galardoadas neste certame autonómico.

Unha plataforma que, segundo explicou, permitirá difundir e promocionar as creacións e o arte dos máis novos, para abrirlles novas portas en salas de concertos, museos, teatros e auditorios. “Queremos que Galicia sexa unha terra de oportunidades para todos os mozos e mozas, tamén para os que tedes vocación artística”.

Feijóo aproveitou para felicitar aos premiados nas catorce categorías e eloxiou a súa orixinalidade, atrevemento, técnica, formación e dedicación, ao tempo que engadiu que “nesas bandas deseñadas, obras de teatro, xoias, prendas de moda, relatos curtos ou pezas audiovisuais está a continuidade do que somos: a herdanza da nosa tradición e o xermolo da Galicia que virá”.

Doce edicións despois e con 4.000 participantes no seu haber, o Xuventude Crea está máis vivo que nunca. Así o demostra a exposición itinerante que leva meses circulando por Galicia, que se pode visitar agora mesmo na Cidade da Cultura.