Un neno foi evacuado en helicóptero despois de caer dunha bicicleta en Verín

Un neno resultou ferido de consideración este sábado en Verín ao caer da bicicleta que manexaba nas proximidades do Monte de Queirugás.

Os feitos sucederon nunha zona de difícil acceso e, para atender ao menor, foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia, que o evacuaron ata un helicóptero medicalizado no que foi trasladado a un centro hospitalario.

O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, decontado, desde Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Verín, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Garda Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha