Un neno foi liberado en Beariz tras quedarlle unha man atrapada nun cable espiñoso


O menor picouse cunha das pugas do cable e foi liberado polos equipos de intervención. Os feitos sucederon no lugar de Magros, uns minutos despois das 11:15 horas deste martes. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta da situación do neno. Segundo indicaba na súa comunicación, o menor enganchárase unha man cun cable espiñoso nun establecemento hostaleiro. Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Avión e de Protección Civil. Ademais, informouse á Garda Civil.