Un neno queda atascado nun barco de madeira preto do Pazo da Cultura de Carballo

Un neno atascado nun barco de madeira instalado na contorna do Pazo da Cultura de Carballo mobiliza aos bombeiros da localidade. Ocorreu ás oito da tarde deste xoves, cando os efectivos do parque comarcal, logo de recibir o aviso a través do 112 Galicia, acudiron para liberar ao cativo que quedou atoado nesta construción. Quen alertou mediante a súa chamada de emerxencia ao 112 foi, precisamente, un bombeiro que estaba fóra de servizo. A súa alerta serviu para activar un operativo no que, ademais dos efectivos do parque carballés, participaron os axentes da Policía Local e os membros do servizo local de Protección Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha